jueves, 26 de enero de 2012

Ryüe Nishizawa (Biografía)


     Ryūe Nishizawa (Tokio, 1966) é un arquitecto xaponés. Graduouse en Arquitectura pola Universidade Nacional de Yokohama e obtuvo un título de máster en 1990. Ó finalizar os seus estudos, colaborou no estudo de "Kazuyo Sejima & Associates", convertíndose en 1995 nun dos fundadores da nova axencia ("SANAA", Sejima + Nishizawa) xunto coa que fora a súa xefa ata o momento, Kazuyo Sejima.

     Sen embargo, non satisfeito cas realizacións levadas a cabo por "SANAA", Ryue decide complementar o traballo abrindo o seu propio estudo de arquitectura en 1997, a "Oficina Ryue Nishizawa”.

     No ano 2000 foi fichado como profesor visitante na Escola de Diseño de Harvard, EE.UU, por un ano de duración, pois en 2001 entrou a formar parte como profesor adxunto na Universidade Nacional de Yokohama, na área de arquitectura e diseño.

     Dentro da súa obra, centrarémonos no análise da Casa de Fin de Semana, realizada nos anos 1997 e 1998.

1 comentario:

  1. Hola!
    Tenía que buscar informacion de Ryūe Nishizawa y encontre este blog y gracias porque teneis la informacion muy concisa y precisa.
    Gracias

    ResponderEliminar