jueves, 26 de enero de 2012

Ryüe Nishizawa (Biografía)


     Ryūe Nishizawa (Tokio, 1966) é un arquitecto xaponés. Graduouse en Arquitectura pola Universidade Nacional de Yokohama e obtuvo un título de máster en 1990. Ó finalizar os seus estudos, colaborou no estudo de "Kazuyo Sejima & Associates", convertíndose en 1995 nun dos fundadores da nova axencia ("SANAA", Sejima + Nishizawa) xunto coa que fora a súa xefa ata o momento, Kazuyo Sejima.

     Sen embargo, non satisfeito cas realizacións levadas a cabo por "SANAA", Ryue decide complementar o traballo abrindo o seu propio estudo de arquitectura en 1997, a "Oficina Ryue Nishizawa”.

     No ano 2000 foi fichado como profesor visitante na Escola de Diseño de Harvard, EE.UU, por un ano de duración, pois en 2001 entrou a formar parte como profesor adxunto na Universidade Nacional de Yokohama, na área de arquitectura e diseño.

     Dentro da súa obra, centrarémonos no análise da Casa de Fin de Semana, realizada nos anos 1997 e 1998.

miércoles, 25 de enero de 2012

Casa de fin de semana.

      A casa fin de semana está situada en Usui-gun, Xapón. A casa está illada da poboación, nunha zona chan e rodeada de árbores de gran tamaño. Por iso, decidiuse abrir poucos ocos nas súas fachadas. A súa estructura exterior é compacta. Sen embargo, o interior da casa está integrado coa natureza que a rodea.



     A casa conta cunha forma cadrada de 13 m de lado, cunha altura aproximada ós 3 m. A estructura é relativamente pequena, unha retícula de 2,4 x 2,4 m, o que posibilita unha construcción prefabricada de dimensións manipulables y facilmente transportables. Tanto as paredes coma o teito son prefabricadas coa consecuente colocación en obra.

 


      O muro perimetral está calculado para resistir as forzas horizontais, mentres que os 36 pilares de madeira de 8 x 8 cm, situados nas interseccións da retícula, transmiten as cargas verticais, é dicir, úsase o sistema trilítico. Esta disposición fai recordar que a visión do interior semelle á da fraga con altas árbores que rodea a casa.

 

     Os pilares non manteñen unha altura homoxénea, senón que esta varia, co fin de crear un mapa de puntos de apoio que formen catro planos inclinados. Deste xeito, conséguese que a propia estructura da cuberta teña o nivel necesario para o desaugue sen problemas.
 
      A alta resistencia dos distintos paneis do teito e muros, así como, a reducida dimensión da retícula estructural fan que tódolos compoñentes do conxunto poidan ser máis pequenos e máis lixeiros que os que usualmente se utilizan na construcción de madeira.





      O entramado de montantes de madeira é de 5x5 cm de sección.Cada 1,20 m (metade da retícula), o montante é de maior sección, de 9x5 cm. Estos gozan de superficie suficientemente grande para o cravado dos taboleiros, que cosen e rixidizan os muros. Os taboleiros de contrachapado estructural de 9 mm de espesor teñen un ancho que coinciden cun modulo de 1,20 m.

     A cuberta a catro augas, cunha pendiente moi pouco elevada, aproximadamente dun 1%, está formada a base de bastidores triangulares ou retángulares prefabricados, formados por vigas de madeira de 12x5 cm e por correas de 10,5x3,6cm de sección. A cuberta cérrase cun taboleiro contrachapado estructural de 12cm de espesor.


 











      O espazo interior articúlase e distribúese principalmente a través da disposición dos distintos patios. O oco dos patios convértese dalgún xeito en "materia", sen a necesidade de ningún outro tabique ou elemento divisorio. A linguaxe é claramente moderna. Xógase cos planos para crear volumes simples e deste modo omítense as divisions tabicadas do interior da vivenda.
  • Zona de día y zona de noite 


     
  • División de espacios




  • Ocos




  • Recorrido e accesos




  • Zonas húmedas


      A iluminación da casa proporcionana, case na súa totalidade, os tres patios, así como, catro ventanas disposta en cada un dos alzados. Os patios están recubertos por pequenas vigas, que o que fan é proxectar unha luz tamizada, como se aprecia na fotografía.

      Estes non só se incorporan para proporcionar luz natural e ventilación á casa, senón tamén para asolagar o interior có efecto do verde das vistas exteriores.


      O exterior da casa está revestida con chapa de aceiro lacado con aleación de aluminio máis zinc, mentrés que no interior se optou pola utilización da madeira, na súa totalidade.

     Nas seguintes fotografías amósanse o resultados dos materiais na casa, así como, o resultado final presentado nos anteriores debuxos.